InicioSucesosDeteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Outro home foi arrestado por presentarse na vivenda onde estaba a súa expareja, da que ten orde de afastamento

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un home de 27 anos de idade, S.A., como presunto autor dun delito de lesións, tras unha pelexa con outro home no albergue municipal de Marqués de Valterra.

Os feitos ocorreron o pasado sábado, cando a Policía Local foi avisada para acudir ao albergue, xa que dous dos usuarios estaban a pelexarse e acusábanse mutuamente da subtracción dunhas pezas de roupa.

Ao chegar os policías, entrevistáronse cos implicados, e constataron que ningún dos dous podía acreditar ser dono desas pezas, polo que lles informaron dos pasos que debían dar se desexaban presentar denuncia.

Pero pouco despois, sobre as 22.20 horas, de novo o 092 foi alertado para acudir ao albergue, xa que os implicados na discusión estaban a agredirse. Cando os axentes chegaron, a disputa xa finalizara, pero ambos os implicados presentaban lesións.

Un deles, o que finalmente foi detido, tiña erosións e rabuñadas en cara e pescozo, así como unha dentada no brazo dereito; mentres que o outro home saíra peor parado, xa que presentaba, ademais de erosións e rabuñadas en cara e pescozo, un corte sanguento duns 3 centímetros debaixo da pálpebra dereita.

Os funcionarios policiais chamaron a unha ambulancia e os sanitarios determinaron o traslado do ferido no ollo ao Hospital Álvaro Cunqueiro, xa que tiña que recibir puntos de sutura.

Por estes feitos, e ante a entidade das lesións, os axentes procederon á detención do suposto autor desa agresión, por un delito de lesións.

QUEBRANTAMENTO DE MEDIDA

Na madrugada dese sábado, a Policía interviu tamén na rúa das Camelias, por un conflito nun domicilio. En concreto, tratábase da presenza dun home que estaba a incumprir unha orde de afastamento.

Segundo informaron fontes policiais, o individuo, S.E.C.P., de 34 anos de idade, entraría nese domicilio utilizando o seu propio xogo de chaves, e dirixiuse á habitación onde durmía a súa exparella co fillo de ambos.

A muller, ao velo, abandonou a vivenda por medo, mentres que o home quedou no interior descansando. Alí atopárono os axentes cando chegaron.

Ao identificalo, os policías comprobaron que lle constaba unha prohibición de achegarse e comunicarse coa súa exparella, emitida polo Xulgado do Penal 1 de Vigo, polo que foi detido.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

O comportamento violento dun acusado por roubo e violación obriga a celebrar a porta pechada o xuízo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acordou celebrar a porta pechada o...