InicioSucesosPiden máis de 16 anos de cárcere para un acusado de violar...

Piden máis de 16 anos de cárcere para un acusado de violar e roubar a unha muller en Vigo

Os feitos, segundo recolle no seu escrito de acusación o Ministerio público, ocorrerían de madrugada no ano 2013, cando o home observou á vítima saíndo de traballar dun hospital vigués.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará este martes a un home acusado de violar e roubar a unha muller na cidade olívica.

Para el, Fiscalía solicita ata 16 anos e 9 meses de prisión como suposto autor dun delito de roubo con violencia e un delito de agresión sexual constitutiva de violación.

Os feitos, segundo recolle no seu escrito de acusación o Ministerio público, ocorrerían de madrugada no ano 2013, cando o home observou á vítima saíndo de traballar dun hospital vigués.

Cando a muller se dirixía a coller o autobús, el pediulle un cigarro, “e con intención de apoderarse do que tivese de valor consigo a vítima”, abordouna por detrás, colocándolle un dos brazos por encima do ombreiro e tapoulle a boca. Así, púxolle un obxecto punzante nas costas ameazándoa, procedendo ela a darlle 15 euros que tiña en billetes e varias moedas.

Tras isto, conduciuna cara a un lugar máis apartado e, “coa vontade de menoscabar a súa liberdade sexual, empuxouna contra o lateral dun vehículo alí estacionado e de costas a el, o acusado baixoulle os pantalóns e a roupa interior e penetrouna vaxinalmente, mentres lle tocaba os peitos por baixo do sujetador”. “Posteriormente obrigouna a que lle realizase unha felación e, como non exaculaba, volveuna a penetrar vaxinalmente”, engade.

Despois, o agora acusado decatouse de que a muller levaba unha cadea de ouro no pescozo, dándolle un forte tirón para arrincarlla, levándose tamén un anel de ouro e un reloxo e fuxindo do lugar.

A consecuencia do ocorrido, a muller sufriu un dano psíquico consistente nun trastorno de tensión postraumática. Ademais, produciuse unha agravación doutros trastornos mentais de grao leve.

“O seu estado psíquico en febreiro de 2025 é de deterioración cognitiva grave de perfil frontal, caracterizado por déficits nas funcións cognitivas globais e superiores con repercusión grave sobre o seu funcionamento global, sendo esta patoloxía de carácter grave, persistente e non susceptible de melloría”, apunta Fiscalía.

Por todo iso, ademais das penas de prisión, tamén pide para o home o pago dunha responsabilidade civil á vítima de case 46.600 euros polas lesións psíquicas e outros 50.000 en concepto de dano moral.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...