InicioSucesosUn home enfróntase a máis de 4 anos de cárcere por masturbarse...

Un home enfróntase a máis de 4 anos de cárcere por masturbarse diante dunha menor nunha rúa de Vigo e tocala

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home enfróntase a máis de 4 anos de cárcere por masturbarse en varias ocasións diante dunha menor nunha rúa de Vigo e tocarlle unha nádega á nova. A vista sobre este caso levouse a cabo este mércores no Xulgado do Penal número 2 de Vigo a porta pechada. Fiscalía acusa o home dun delito continuado de exhibicionismo, ou alternativamente un delito de coaccións, e dun delito de agresión sexual.

Polo primeiro dos delitos pide un ano de prisión ou ano e 11 meses se se condena polo delito de coaccións. En calquera caso, tamén solicita unha pena de prohibición de aproximación á vítima de 200 metros durante 3 anos.

Ademais, polo delito de agresión sexual, o Ministerio público pide unha pena de 2 anos e medio de cárcere, así como liberdade vixiada durante 4 anos e inhabilitación para calquera oficio que leve contacto con menores durante 7 anos e 5 anos de afastamento da menor. Por outra banda, o acusado, que xa foi condenado anteriormente por feitos similares, deberá indemnizar á moza con 2.000 euros polos danos morais.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...