InicioEconomíaO comité de Vitrasa desconvoca as protestas tras dar marcha atrás a...

O comité de Vitrasa desconvoca as protestas tras dar marcha atrás a empresa nas sancións a condutores

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, comunicou a desconvocatoria das mobilizacións anunciadas para os días 10 e 18 de setembro, despois da “rectificación” da empresa con respecto ás sancións impostas a dous condutores que tiveran accidentes de tráfico na súa xornada laboral.

Segundo trasladou o comité, este luns haberá unha reunión coa empresa para formalizar o acordo, e valorou positivamente “o cambio de actitude” de Vitrasa, antes de apuntar que antes de abrir un expediente sancionador “deberíanse analizar e valorar os feitos co comité de empresa”.

As protestas convocáronse pola imposición de sancións a dous condutores que tiveran accidentes de tráfico na súa xornada laboral. O comité advertiu de que “as condicións de traballo impostas pola compañía e o intenso tráfico que rexistra a cidade provocan unha presión excesiva no día a día do persoal de condución” e que esa situación “pode traducirse en erros e accidentes”.

“Se para nós supón unha carga emocional importante ter accidentes, que estes sexan sancionados engade máis presión ao noso traballo“, denunciaron, e matizaron que ningún dos accidentes foi como consecuencia de saltarse as normas ou incumprir o código de circulación.

ÚLTIMAS

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...