InicioEconomíaCaballero di que os orzamentos do 2026 crecerán e roldarán os 345...

Caballero di que os orzamentos do 2026 crecerán e roldarán os 345 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este venres que o goberno local xa está a traballar na elaboración dos orzamentos do ano que vén e que as contas de 2026 roldarán os 345 millóns de euros.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor sinalou que o orzamento aumentará nuns 10 millóns con respecto ás contas actuais e o Concello seguirá tendo “débeda cero” e “a presión fiscal máis baixa de toda Galicia”.

Caballero destacou algunhas cuestións dos novos orzamentos, como o incremento de 1,6 millóns de euros para o Servizo de Axuda non Fogar (SAF) “porque a Xunta non paga o que debe”. Así mesmo, tamén avanzou aumentos nas partidas para zonas verdes e xardíns, ou para o canon de Sogama, “un canonazo en contra da cidade de Vigo”, cunha subida que o Concello ten que “repercutir”. “E aínda os caraduras políticos do Partido Popular falan diso, da subida da taxa de lixo”, apostilou, e insistiu: “Pero a subida é da Xunta de Galicia, que queda o diñeiro de Vigo”.

Tamén se ampliará a dotación para instalacións deportivas e aumentarán un 8 % as subvencións de política social, e destinaranse 35 millóns de euros a investimentos, que se suman aos 72 millóns do crédito extraordinario. “E todo isto sen débeda, sen endebedarnos. E, por tanto, sen ir ao peto da xente do futuro a través do endebedamento como fai a Xunta de Galicia e como fixo o Partido Popular cando gobernaban co BNG nesta cidade”, subliñou.

Finalmente, referiuse a actuacións previstas, como a do Paseo de Granada, Avenida de Madrid, a piscina de Teis, ou a reforma de Balaídos. Caballero tamén sinalou que os ingresos externos proveñen fundamentalmente do Goberno de España, “por encima dos 90-95 millóns“, mentres que a achega da Xunta “en termos netos” é “negativa”. “Quítannos máis diñeiro do que nos dan. O Goberno de España fainos unha importantísima achega de case a terceira parte do noso orzamento, e a Xunta de Galicia quítanos o diñeiro”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...