InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Concello de Vigo aproba por 65 millóns a a licitación do...

O Concello de Vigo aproba por 65 millóns a a licitación do contrato de mantemento de zonas verdes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este luns nunha sesión extraordinaria a licitación do contrato de mantemento e conservación das zonas verdes da cidade, un contrato que terá unha duración de 5 anos e un valor duns 65 millóns de euros.

Segundo sinalou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios, este contrato contempla o mantemento dos parques forestais, os grandes parques urbanos, zonas verdes de rotondas, medianas e xardineiras, e o conxunto do arboledo da cidade. O rexedor lembrou que Vigo conta agora con máis zonas humanizadas e é unha cidade “cada vez máis verde”, que require de “un maior mantemento”.

Por iso, o servizo pasará de 110 a 146 traballadores, o que “significará unha mellor atención”, segundo Abel Caballero, que insistiu en que este contrato será “unha notable mellora das zonas verdes” na cidade.

ÚLTIMAS

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...