InicioSucesosPrisión para os tres detidos polo asalto a un ancián ao que...

Prisión para os tres detidos polo asalto a un ancián ao que agrediron e roubaron na súa casa de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O maxistrado do xulgado de instrución 4 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, dos tres homes detidos pola súa presunta implicación nun asalto a un ancián na súa vivenda da parroquia viguesa de Coruxo, onde o agrediron para roubarlle.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o tres detidos (arrestados este mércores pola Policía Nacional) están investigados por roubo en casa habitada, pertenza a grupo criminal, detención ilegal, lesións, estafa e furto de uso de vehículo a motor.

A detención dos tres investigados produciuse na mañá deste mércores nunha vivenda de Coruxo (a mesma parroquia onde perpetraron o roubo), nun operativo no que participaron efectivos do Grupo de Operacións Especiais de Seguridade (GOES) e da Unidade de Intervención Policial (UIP) de Vigo.

Os feitos ocorreron o pasado 15 de xullo, cando catro persoas encapuchadas entraron ao domicilio e ameazaron cun arma de fogo e un coitelo ao ancián nonaxenario, ao que ataron a unha cadeira e golpearon de forma violenta ata lograr que lles entregase 20.000 euros en efectivo e un cartón bancario coa súa clave.

Os ladróns fuxiron do lugar co botín e trataron de extraer, sen éxito, diñeiro dun caixeiro automático próximo. Tres días despois, regresaron ás inmediacións da vivenda da vítima para roubarlle unha furgoneta con diversa maquinaria de obra no seu interior. O vehículo foi posteriormente abandonado, con numerosos danos, no parque forestal de Coruxo.

Tras a detención de tres dos implicados, no rexistro da vivenda onde estaban a Policía interveu, entre outros efectos, dúas armas de fogo simuladas, pezas de roupa utilizadas nos actos delituosos, caretas, diñeiro en efectivo e diverso material que podería estar relacionado con dous delitos cometidos na provincia na última semana e con outros delitos anteriores. A investigación segue aberta.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...