InicioVigo e contornaMosDetectan vermes de mosquito tigre en Mos

Detectan vermes de mosquito tigre en Mos

Desde a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVIVEC) sinalan que, aínda que o insecto atópase en estado de verme, isto indica que a especie está xa introducida no municipio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade de Galicia informou este mércores da detección de vermes de mosquito tigre no concello pontevedrés de Mos, concretamente na zona de Torroso.

Desde a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVIVEC) sinalan que, aínda que o insecto atópase en estado de verme, isto indica que a especie está xa introducida no municipio.

O seguinte paso do organismo será ampliar a vixilancia e instalar trampas co obxectivo de identificar a extensión e abundancia do mosquito tigre en Mos, seguindo criterios técnicos de sanidade pública e as recomendacións de expertos entomólogos de REGAVIVEC.

Desde a Consellería solicítase a colaboración cidadá para previr a proliferación do mosquito, que actúa como vector de enfermidades como o dengue, o chikungunya ou o Zika. O organismo lembra que a mellor forma de evitar a súa reprodución é impedir a posta de ovos e o desenvolvemento dos vermes.

Por iso, é fundamental eliminar os puntos de auga estancada en pratos de macetas e outros recipientes. O ideal é renovar a auga destes lugares cada 4 ou 5 días.

APLICACIÓN MOSQUITO ALERT

A Consellería tamén informa da existencia dunha aplicación móbil chamada Mosquito Alert, a través da cal a cidadanía pode enviar imaxes que serán avaliadas por expertos, que poden confirmar se se trata ou non de mosquito tigre.

Recoméndase o uso de repelentes específicos contra o insecto, así como vestir roupa de manga longa e pantalóns longos, utilizar calzado pechado e instalar mosquiteiras en portas e xanelas.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...