InicioSucesosDeteñen un mozo en Vigo por agresión á súa parella e á...

Deteñen un mozo en Vigo por agresión á súa parella e á nai desta e en presenza do seu fillo dun ano

Todo sucedería durante unha reunión familiar, onde se orixinou unha discusión, póndose o home agresivo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo o pasado domingo a un mozo, de Colombia e 27 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero tras supostamente agredir á súa parella e á nai desta en presenza do seu fillo dun ano de idade.

Segundo explican os axentes nun comunicado, os feitos ocorrerían sobre as 00.20 horas da madrugada nun domicilio da rúa Cantabria. Alí, o home agrediría ás dúas mulleres.

Todo sucedería durante unha reunión familiar, onde se orixinou unha discusión, póndose o home agresivo. Nun momento dado, o agora detido dirixiuse a unha habitación onde estaba a súa parella e o seu fillo de 20 meses, comezando a losqueala en presenza do menor e doutro neno de 12 anos, sempre segundo recolle a Policía Local.

Así, os funcionarios observaron o lado esquerdo da cara inchado da vítima. Ademais, aseguraron que a nai trataría de interporse, sendo agredida tamén. Por iso, o home foi detido.

OUTRO DETIDO

Na madrugada seguinte, outro home, de Valladolid e 52 anos de idade, foi arrestado pola Policía Local por supostamente zarandear e empuxar á súa parella.

Todo ocorrería poucos minutos despois das 00.00 horas na rúa Areal e, segundo o relato dela, estaban a discutir, polo que ela negouse a durmir na cama con el, suxeríndolle que se fose ao sofá. Nese momento, el comezou a zarandearla ata tirala sobre a cama, impactando co cóbado e comezando a sangrar.

Despois, o home pecharía a porta da estancia, impedíndolle saír, indo ela ao balcón e chamando á Policía.

A pesar de que o home dixo que si a empuxou e que ela caera de forma accidental, foi detido.

Ademais, o venres, día 1 de agosto, os axentes detiveron a un home de 49 anos por supostamente fracturar o portelo dunha furgoneta, sendo gravado por un veciño.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...