InicioCulturaO Marisquiño quere ser "o centro de España": "Imos superar o que...

O Marisquiño quere ser “o centro de España”: “Imos superar o que parecía insuperable”

Así o reivindicou o alcalde, Abel Caballero, que visitou na mañá deste martes os traballos nas pistas onde este fin de semana celebrarase a competición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival O Marisquiño ultima a montaxe das súas infraestruturas deportivas nas inmediacións da praia de Samil de Vigo para facer da cidade “o centro de España”: “Imos superar o que parecía insuperable”.

Así o reivindicou o alcalde, Abel Caballero, que visitou na mañá deste martes os traballos nas pistas onde este fin de semana celebrarase a competición.

En concreto, o festival do deporte urbano arrincará o vindeiro xoves, día 7 de agosto, e durará ata o domingo 10. Catro días nos que “toda España estará a ver para Vigo”.

O rexedor puxo en valor o evento, que este agosto cumpre 25 anos, sendo o “certame de deportes urbanos máis importante do mundo”. Abel Caballero prevé que O Marisquiño “bata marcas”. “Imos superar o que parecía insuperable”, reivindicou.

Entre as novidades desta edición atópanse os cambios no descenso urbano, unha das estrelas do festival que sairá desde a fortaleza do Castro pero terá un novo final no Centro Comercial A Laxe.

Ademais, este ano volverá o Freestyle Motocrós e será o público o encargado de elixir en cada rolda os mellores saltos. Así mesmo, nesta edición, o Basket 3×3 tamén se traslada a Samil, como o resto das competicións.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...