InicioVigo e contornaVigoA Xunta pon en marcha o plan de financiamento do túnel de...

A Xunta pon en marcha o plan de financiamento do túnel de Elduayen

A conselleira de Vivenda criticou a "pasividade" do rexedor vigués ao "manter perforado o centro urbano durante anos e de maneira indefinida".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, anunciou este mércores a posta en marcha do plan de financiamento do túnel de Elduayen, no que definiu como “outra mostra do compromiso da Xunta con Vigo”. Así o comunicou Allegue a membros do PP da cidade olívica durante un encontro mantido con altos cargos e presidentes de distrito a petición da presidenta da agrupación local, Luisa Sánchez. O obxectivo da reunión era dar a coñecer os investimentos que esta consellería está a executar e proxectando na urbe.

A conselleira garantiu que o Concello de Vigo poderá prolongar ata o barrio de Torrecedeira o túnel que agora ten unha única bocana de acceso na confluencia da rúa Policarpo Sanz e Pórtaa do Sol. “Que clase de goberno é o que comeza unha obra e déixaa a medias? Os vigueses non queren máis esqueletos, nin de edificios nin debaixo da terra”, sinalou a conselleira, tras referirse a que a actuación municipal “aínda carece de orzamento definitivo e proxecto construtivo”, pero reivindicar que se poderá acometer “grazas ao apoio da Xunta de Galicia”.

Por conseguinte, proclamou que o Goberno autonómico “quere a esta cidade, coida a esta cidade e inviste nesta cidade”, polo que participará no financiamento do túnel de Elduayen e habilitará as partidas necesarias para iso. Pola súa banda, Luisa Sánchez agradeceu a “gran predisposición” mostrada por Allegue para manter este encontro na sede local do PP e celebrou que a Xunta “saia ao rescate” de Vigo para “solucionar os problemas que crea Abel Caballero”. “E para salvar á nosa cidade da parálise que el xera”, agregou.

Neste sentido, criticou a “pasividadedo rexedor vigués ao “manter perforado o centro urbano durante anos e de maneira indefinida”. “E, cando xa non soubo que facer co seu túnel sen saída, pediu auxilio á Xunta”, reprobou a presidenta local do Partido Popular.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...