InicioVigo e contornaVigoDetido un mozo en Vigo por saltar unha orde de afastamento e...

Detido un mozo en Vigo por saltar unha orde de afastamento e ameazar á súa nai

O detido ameazou á muller cun coitelo cando ela se negou a facerlle a cea

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo, de Vigo e 19 anos de idade, foi detido o pasado sábado na cidade olívica tras saltarse unha orde de afastamento vixente sobre a súa nai e ameazar á muller cun coitelo cando se negou a facerlle a cea.

Os feitos ocorrerían minutos antes das 16.00 horas nun domicilio da rúa Carral e, segundo informa a Policía Local, foi a propia vítima a que alertou aos axentes de que estaba a ser ameazada cun coitelo polo seu fillo, o cal tiña unha orde de afastamento sobre ela.

Unha vez no punto, a muller explicou que minutos antes o seu fillo a abordara no portal do edificio, pedíndolle acceder ao piso para recoller algunhas pertenzas. Así, ela díxolle que se tiña que ir axiña do lugar.

Unha vez dentro, negouse a abandonar a vivenda, pedíndolle á súa nai que lle fixese a cea cousa á que se negou a muller. Nese momento, o mozo comezou a mostrarse agresivo, refuxiándose a muller nunha habitación, sempre segundo o testemuño desta ante os funcionarios que acudiron tras a súa chamada.

Con todo, o home accedería á estancia cun coitelo, que lle colocou no pescozo. Foi nun momento no que o mozo foi ao baño cando ela chamou á Policía Local, que detivo ao mozo por saltar a orde de afastamento e por un presunto delito de violencia no ámbito familiar.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...