InicioVigo e contornaVigoO Goberno licitará en 2026 "a débeda histórica" do proxecto da Biblioteca...

O Goberno licitará en 2026 “a débeda histórica” do proxecto da Biblioteca do Estado en Vigo

O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, sinala que "é unha cuestión que lle debiamos á cidadanía de Vigo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, asegurou que o Goberno licitará en 2026 o proxecto da Biblioteca do Estado en Vigo, “unha débeda histórica coa cidade”.

Así o sinalou este xoves durante unha visita ás parcelas onde se pretende levantar esta infraestrutura, que abarcan case 6.000 metros cadrados e están situadas na rúa Lalín, detrás dos antigos xulgados e do novo centro de saúde Olimpia Valencia.

“É unha cuestión que lle debiamos á cidadanía de Vigo. Esta era unha débeda histórica que tiñan todas as administracións, pero particularmente o Goberno de España coa cidade de Vigo”, apuntou ante os medios de comunicación, despois de que o propio alcalde, Abel Caballero, lembrase que foi polo 2007 cando o Executivo se comprometeu a crear esta biblioteca e pasaron case 20 anos.

Tal como informou Urtasun, a pesar de que o investimento irá a cargo dos orzamentos do Ministerio de Cultura, a xestión da biblioteca estará transferida á Xunta de Galicia, estando presente tamén no acto o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.

“As bibliotecas son, hoxe máis que nunca, infraestruturas culturais de primeiro nivel e, á súa vez, espazos de cidadanía. O rango de Vigo, como primeira cidade de Galicia, esixía xa desde hai moito tempo esta dotación”, apuntou, engadindo que esta infraestrutura nace dun “diálogo necesario” entre todas as administracións.

Así mesmo, quixo deixar claro que, no caso de que o Goberno non consiga sacar adiante os orzamentos de 2026, debido a que na actualidade están prorrogados os de 2023, “hai recursos dispoñibles” por parte do Ministerio para licitar este proxecto.

A pesar de que non quixo adiantar canto suporá o investimento e como será a biblioteca, si dixo que será un proxecto “singular e con carácter propio”, que requirirá de “moitas fases” e “varios exercicios orzamentarios”.

Ademais, celebrou o acordo co Concello de Vigo para a cesión dos terreos, que son “idóneos” para albergar a biblioteca.

CONSELLEIRO

Antes, o primeiro en tomar a palabra foi o conselleiro José López Campos, quen agradeceu tanto a Urtasun como a Caballero a súa predisposición para levar a cabo este proxecto, reivindicado o “compromiso” da Xunta para a xestión da biblioteca.

Para el, esta será a “mellor biblioteca pública” de Galicia, mostrando a “lealdade” do Goberno galego e insistindo en que construír esta infraestrutura é “falar de futuro para Vigo” xa que “canto máis formada estea a sociedade” máis futuro haberá, ao seu xuízo.

Tras el tomou a palabra Caballero, reivindicado que “leva desde o ano 2007 esperando este momento”, subliñando que “non foi fácil” buscar localización e todos os trámites ata chegar aquí.

O rexedor agradeceu a visita do ministro, subliñado que Vigo merece esta biblioteca porque é “máis grande que o 90% das capitais de provincia”, onde antigamente se instalaban estas dotacións. “Non se se neste momento son o primeiro ou o segundo home máis feliz do mundo, pero é unha noticia excepcional para Vigo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Xunta condena o crime do Porriño e traslada as súas condolencias a familia e achegados da traballadora social

O Goberno galego trasladou o seu "máis firme condena" ante "o...

Detido un home por matar a unha traballadora social que lles atendía a el e á súa muller en O Porriño

A Garda Civil está a investigar a morte violenta dunha traballadora social do servizo...

Arrestan unha muller en Vigo sobre a que constaban varias ordes de detención

A Policía Local de Vigo detivo este pasado martes a unha muller, veciña da...

Comeza a instalación do alumeamento de Nadal en Vigo que contará con case 12 millóns de luces led

O Concello de Vigo iniciou este mércores a instalación da súa iluminación de Nadal,...