InicioSucesosA Fiscalía valorará se hai delito de odio dun hostaleiro de Vigo...

A Fiscalía valorará se hai delito de odio dun hostaleiro de Vigo contra turistas de Israel tras negarse a atendelos no seu local

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de turistas israelís despois de que estes se mostrasen agresivos e lle tratasen mal, segundo denunciou o propio establecemento. O feito, que xerou repercusión internacional, levou á embaixada israelí en España a pedir explicacións tipificando o feito como “delito de odio aos xudeus”.

O dono do local relatou que os clientes comezaron a amosar un comportamento irrespetuoso e incluso agresivo logo de facer o pedido da comida, o que o levou a pedirlles que abandonasen o restaurante. A situación tensou cando un dos turistas lle dixo: “Ti non nos podes botar, isto é España”, ao que o hosteleiro respondeu: “Pero este é o meu restaurante”.

A embaixada israelí contactou co hosteleiro para escoitar a súa versión, mentres que algúns medios israelís cubriron a noticia, destacando a versión dos turistas. Con todo, o propietario mantén que actuou en defensa propia e do seu equipo ante unha situación de falta de respeto inaceptable.

O caso abriu o debate sobre o tratamento a turistas e a xestión de conflitos no sector da hostalaría, mentres as redes sociais divídense entre quen apoian a decisión do hosteleiro e quen critican o seu proceder.

A POLICÍA NACIONAL REMITE Á FISCALÍA O SUCEDIDO NO RESTAURANTE

A Policía Nacional remitiu á Fiscalía informe sobre o sucedido hai uns días nun restaurante de Vigo, por se se produciu un posible delito de odio por parte do responsable do establecemento, que expulsou da terraza do local a un grupo de turistas isralíes.

Segundo confirmaron fontes policiais, un cidadán madrileño chamou a dependencias de Comisaría e tamén da Policía Local viguesa, mostrando a súa “indignación” polo sucedido, despois de ver o vídeo que o propio hostaleiro gravou cando botou do seu local a eses clientes.

A Brigada de Información da Comisaría viguesa abriu dilixencias e tomou declaración ao empresario, que ten varios restaurantes na cidade. A partir de aí, elaborou un informe que xa remitiu este venres á fiscal delegada para delitos de odio e discriminación na provincia de Pontevedra.

O vídeo foi gravado polo propio dono na terraza do restaurante, situado na zona de Areal, e nel pode verse como expulsa a un grupo de turistas israelís que estaban a tomar algunhas consumicións na terraza, mentres lles afea que apoien a acción do seu goberno en Gaza. “Se matades palestinos, ídesvos a comer a Gaza”, recrimináballes mentres lles instaba a que se fosen, e dicíalles que estaban “convidados” ao que pediran, para que deixasen as mesas inmediatamente.

Este hostaleiro, Samir Slim, de orixe libanesa, explicou en declaracións a varios medios que a súa reacción se debeu a que os clientes se estaban comportando de maneira agresiva e provocadora. De feito, no vídeo pode escoitarse a algún dos turistas gritar “Viva Israel”, ao que o dono do restaurante responde cunha “Viva Palestina libre”.

ÚLTIMAS

Concentración en Vigo pola aumento de accidentes e ritmos de traballo no naval

Decenas de persoas concentráronse este xoves en Vigo para denunciar o aumento da sinistralidade laboral...

Chaman a manifestarse este sábado en Vigo contra o xenocidio en Gaza

A Plataforma Cívica Vigo Pro-Palestina, integrada por máis de 40 entidades sociais, veciñais, sindicatos e...

O TSXG ratifica a condena a 15 anos de cárcere o acusado de violar ao seu fillastro en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a 15 anos...

A UVigo participa nun proxecto para a detección satelital de incendios

Aistech Space, Telespazio Ibérica e Kreios Space, en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo),...