InicioSociedadeCaballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde advirte que non permitirá que se cobren viaxes entre Vigo e outras cidades galegas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal das construtoras e concesionarias de infraestruturas, pola proposta de gravar cunha peaxe nas autovías que agora son gratuítas, o que incluiría a A-52 e a A-55, e as viaxes entre Vigo e O Porriño ou Vigo e Ourense.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor foi contundente expresando o seu rexeitamento: “Eu téñolles que dicir a esas empresas construtoras que o mellor que poden facer é estar caladas, que se dediquen a construír”.

Que é iso de que queren pór unha peaxe as construtoras entre Vigo e Ourense? O que nos faltaba, o que nos faltaba. Agora veñen empresas construtoras falándonos de peaxes entre Vigo e Ourense, que se dediquen a construír e que deixen á xente viaxar tranquila, con acougo, sen ter que pagar nin un céntimo”, proclamou o alcalde, que insistido en que se opón “a calquera peaxe en todos os lugares”.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...