InicioEconomíaCrean en Vigo unha app que recoñece situacións de risco de violencia...

Crean en Vigo unha app que recoñece situacións de risco de violencia machista e facilita a resposta policial

Trátase dun software que pretende "revolucionar" a protección das vítimas, segundo explicaron os seus creadores, e que usa a intelixencia artificial para identificar patróns de risco na contorna conversacional, sen requirir que a vítima interactúe directamente co dispositivo en situacións críticas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede da Zona Franca de Vigo acolleu este mércores a presentación da app Veiga, unha ferramenta tecnolóxica desenvolvida por catro emprendedores (dous policías locais da cidade e dous investidores tecnolóxicos radicados en Suíza) que identifica en tempo real situacións de risco de violencia de xénero, facilita a resposta policial e permite obter gravacións e comunicacións.

Trátase dun software que pretende “revolucionar” a protección das vítimas, segundo explicaron os seus creadores, e que usa a intelixencia artificial para identificar patróns de risco na contorna conversacional, sen requirir que a vítima interactúe directamente co dispositivo en situacións críticas.

O proxecto atópase en fase avanzada de probas piloto e espertou o interese de institucións públicas, corpos de seguridade e entidades especializadas na atención a vítimas. O seu obxectivo é reducir ao máximo o tempo de reacción policial, facilitar a obtención de probas e empoderar ás vítimas. “Coñecemos de primeira man as limitacións do sistema actual”, sinalaron os seus creadores, que recalcaron que “Veiga non é só un produto tecnolóxico; é unha ferramenta nada da experiencia real e cun enfoque humano e preventivo”.

Veiga estrutúrase en dúas fases: unha primeira preventiva, de asistencia informativa inmediata, consultas con resposta automática e comunicación discrtea coas autoridades (pode instalarse en móbiles ou reloxos sen deixar rastro visible e non require ordes de protección nin trámites previos para ser utilizada); e unha segunda fase reactiva.

Nesta segunda fase, a app actívase automaticamente en situacións de risco, mesmo cando a vítima sufra inmobilidade tónica, fenómeno que impide gritar ou moverse polo medo extremo. En caso de agresión, Veiga abre o micrófono do dispositivo, envía a localización GPS e grava a contorna en tempo real, enviando esta información a unha Central Receptora de Alarmas (CRA); xérase así un arquivo dixital seguro que facilita a denuncia e conserva probas válidas para o proceso xudicial.

Os promotores desta tecnoloxía explicaron que non só pretende asistir no momento da agresión, senón “crear un ecosistema de apoio que restaure a dignidade e a seguridade das mulleres”. O seu deseño accesible e a súa implementación sinxela fana compatible con distintos contextos legais e realidades sociais.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...