InicioEconomíaLicitados por case un millón de euros os estudos do tramo de...

Licitados por case un millón de euros os estudos do tramo de AVE entre O Porriño e a fronteira portuguesa

Caballero di que o ministerio "segue cumprindo coa cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable informou este venres da licitación, por case un millón de euros, do contrato de servizos para redactar os estudos do tramo de AVE entre O Porriño (Pontevedra) e a fronteira portuguesa.

Así, o obxectivo destes estudos é dar continuidade ao trazado ferroviario que se está analizando actualmente no estudo informativo en redacción do saída sur de Vigo, ata a fronteira portuguesa, onde enlazará coa infraestrutura que están a definir as administracións portuguesas ao sur do río Miño.

Os traballos licitados estrutúranse en dúas fases. Por unha banda, o estudo de viabilidade, que incluirá unha análise preliminar de alternativas, un estudo de demanda e unha análise custo-beneficio desde unha perspectiva socioeconómica. Doutra banda, o estudo informativo, “que terá o alcance necesario para servir de base aos procesos de información pública e de audiencia ás administracións, establecidos na lexislación ferroviaria e ambiental vixente”.

O contrato incluirá a prestación de servizos de enxeñaría (consultoría e asistencia) para a realización dos mencionados trámites de información pública e audiencia ás administracións, análises de alegacións e obtención, no seu caso, da Declaración de Impacto Ambiental, ata a aprobación definitiva do Estudo Informativo.

VALORACIÓN DE ABEL CABALLERO

Ante este anuncio, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor que o ministerio “segue cumprindo coa cidade”, e lembrou que os estudos licitados, que teñen un prazo de realización de 24 meses, refírense ao último tramo pendente na parte española desa conexión.

“Eu tivera unha reunión co Ministerio a finais do mes de febreiro e alí aseguráronnos que antes de seis meses sacaban o contrato da redacción do estudo informativo. Xa está neste momento na plataforma de contratación. E por tanto, o Goberno de España segue cumprindo (…) Tomaron nota e hoxe cumpren aquel compromiso”, celebrou o rexedor.

ÚLTIMAS

Nin a choiva nin os fallos técnicos puideron vencer a un Caballero que volveu acender o Nadal “no mundo enteiro”

A choiva caía con forza sobre Vigo, unha desas treboadas que semellan querer adiar...

Protesta en Vigo pola supresión do AVE en Sanabria: “Non o imos aceptar”

Medio centenar de veciños de Sanabria (Zamora) concentráronse este sábado en Vigo para protestar...

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...