InicioSucesosAcepta un ano de prisión un condutor do Porsche que causou un...

Acepta un ano de prisión un condutor do Porsche que causou un accidente na AP-9 en Vigo e abandonou o vehículo na vía

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home acusado de condución temeraria aceptou penas que suman un ano de prisión por lesións imprudentes e por abandono do lugar do accidente, nunha vista de conformidade celebrada no xulgado do penal 2 de Vigo.

O sinistro ocorreu na madrugada do 29 de abril de 2023, cando o procesado conducía o seu coche de alta gama (un Porsche Cayenne) pola AP-9 no termo municipal de Vigo. Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o condutor circulaba “a unha velocidade excesiva e sen a atención precisa”.

Ao facer un adiantamento, a aleta dianteira do seu coche impactou contra o lateral traseiro do outro vehículo, que se desprazou e acabou chocando contra a bionda da autoestrada. O acusado, en lugar de deterse, seguiu circulando uns 300 metros e acabou abeirando o seu coche, saíndo e deixando o vehículo abandonado na AP-9.

Como consecuencia do impacto, o condutor do outro coche sufriu unha escordadura cervical, e o seu coche foi declarado ‘sinistro total’. Ademais, os danos na bionda da autoestrada superaron os 1.000 euros. Por estes feitos, o ministerio público pedía inicialmente 4 anos e 3 meses de cárcere, e retirada do carné durante 6 anos e medio. Finalmente, a condena quedou nun ano de prisión, e retirada do carné de conducir durante dous anos.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...