InicioEconomíaA UVigo lidera a rede SecrioNet para o desenvolvemento e colaboración na...

A UVigo lidera a rede SecrioNet para o desenvolvemento e colaboración na criobioloxía

O proxecto está coordinado pola investigadora do CIM, Estefanía Paredes e xorde no contexto da recentemente constituída Sociedade Española de Criobioloxía, ante a ausencia dunha estrutura nacional que conecte a profesionais de distintos ámbitos que aplican técnicas de criopreservación nas súas investigacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo, a través do Centro de Investigación Mariña (CIM), lidera SecrioNet, unha rede científica nacional para o desenvolvemento e colaboración no ámbito da criobioloxía, que conseguiu financiamento do programa Redes da Axencia Estatal de Investigación.

O proxecto está coordinado pola investigadora do CIM, Estefanía Paredes e xorde no contexto da recentemente constituída Sociedade Española de Criobioloxía, ante a ausencia dunha estrutura nacional que conecte a profesionais de distintos ámbitos que aplican técnicas de criopreservación nas súas investigacións.

Segundo explicou Paredes, “a criobioloxía é unha ferramenta estratéxica para a conservación da biodiversidade, a mellora xenética, a seguridade alimentaria e o desenvolvemento biotecnológico en España”.

SecrioNet conta coa participación de 8 universidades e centros de investigación (UVigo, Universitat de València, Universitat Autònoma de Barcelona, Institut Valencià d’Investigacions Agràries a través da CITA, Universitat Politècnica de València, Universidade de Sevilla, Consello Superior de Investigacións Científicas a través do ICTAN-CSIC e MGB-CSIC), e reúne a especialistas en criobiología vexetal, animal, mariña, alimentaria e médica.

A rede ten un dobre obxectivo: fortalecer a colaboración científica e achegar os avances ao tecido empresarial, ás administracións públicas e á sociedade en xeral. Entre as súas principais accións destacan a creación do primeiro mapa nacional de laboratorios, empresas e especialistas en criobiología; a organización do I Encontro de Investigadores en Criobioloxía en España; programación de seminarios ‘en liña’ e foros de divulgación; ou o desenvolvemento de estratexias de asesoramento a administracións públicas en materia de biobancos, conservación de recursos xenéticos e lexislación asociada.

A criobioloxía, que estuda os efectos das baixas temperturas en sistemas biolóxicos, ten aplicacións crave nun contexto de crise climática, perda de biodiversidade e necesidade de produción sustentable dos alimentos.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...