InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo propón crear un programa de cooperativismo para vivenda...

O BNG de Vigo propón crear un programa de cooperativismo para vivenda en aluguer

"É unha solución que garante estabilidade residencial e combate a especulación, para facer efectivo o dereito fundamental á vivenda digna", resumiu o portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo presentou este martes na xerencia de Urbanismo do Concello unha proposta para a creación, antes de que finalice o ano, dun programa municipal de impulso ao cooperativismo de vivenda en réxime de aluguer ou cesión de uso.

Nun comunicado, o Bloque reivindicou que o obxectivo desta iniciativa é combater a “emerxencia habitacional” que afecta á cidade e busca ofrecer unha solución “innovadora e accesible” fronte á escala de prezos.

Segundo o portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, a fórmula proposta permitiría que as cooperativas mantivesen a propiedade colectiva dos inmobles, mentres as persoas obteñen un dereito de uso indefinido a cambio dunha achega inicial recuperable e cotas mensuais, en forma de aluguer, “axustadas aos custos reais, non aos desorbitados prezos de mercado”.

Para el, este sistema elimina intermediarios especulativos, reduce custos e fomenta a participación democrática e a creación de comunidade.

“É unha solución que garante estabilidade residencial e combate a especulación, para facer efectivo o dereito fundamental á vivenda digna”, resumiu Igrexas.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...