A Xunta recibiu un total de 17 ofertas para a redacción do proxecto e da dirección de obra para a construción en Vigo dun edificio de aloxamentos compartidos e temporais en aluguer accesible, destinado a mozos menores de 36 anos.
Segundo explica o Goberno galego, este contrato licítase por un orzamento que rolda os 445.000 euros, co obxectivo de redactar o proxecto deste inmoble, que albergará 80 aloxamentos en Navia.
Os mozos poderán dispor durante ata tres anos do apartamento. O obxectivo, segundo indica a Xunta, é facilitar a súa emancipación. O edificio contará tamén con zona de usos múltiples para reunións ou actividades diversas como ximnasio ou celebración de eventos. Tamén haberá lavandaría e garaxes.