InicioSociedadeUn exmembro do Opus Dei acepta en Vigo 5 anos de prisión...

Un exmembro do Opus Dei acepta en Vigo 5 anos de prisión tras recoñecer agresión sexual continuada a un menor

Pagou xa 40.000 euros ao proxenitor do menor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un exmiembro dunha asociación xuvenil vinculada ao Opus Dei, acusado dun delito continuado de agresión sexual a un mozo menor de 16 anos, aceptou 5 anos de prisión, nunha vista de conformidade celebrada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, na que recoñeceu a autoría dos feitos que lle atribúen as acusacións.

Segundo a Fiscalía, as agresións sexuais producíronse entre finais de 2022 e xaneiro de 2023, en lugares comúns que acusado e vítima frecuentaban. O procesado, que xa depositou 40.000 euros para indemnizar ao prexudicado, aceptou 5 anos de cárcere, a medida de liberdade vixiada durante 5 anos tras saír de prisión, e a inhabilitación para realizar actividades ou profesións que teñan relación con menores durante ese mesmo período de tempo.

Igualmente, foi inhabilitado para exercer os dereitos da patria potestade, tutela, curatela, garda ou acollemento durante 5 anos, e por ese mesmo tempo, non poderá comunicarse nin achegarse a menos de 500 metros da vítima. Ao non cumprir as condicións para a suspensión da pena, será requirido para ingresar no cárcere.

O acusado recoñeceu ser autor dun delito continuado de agresión sexual a menor de 16 anos con abuso de superioridade, e concorrendo as circunstancias atenuantes de reparación do dano e de confesión, xa que, segundo apuntou o Fiscal, “acudiu voluntariamente ás autoridades para recoñecer, aínda que fose parcialmente, os feitos”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...