InicioDeportesO DOG publica a aprobación como proxecto de interese autonómico do proxecto...

O DOG publica a aprobación como proxecto de interese autonómico do proxecto do Celta en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a resolución pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do pasado 14 de abril polo que se aprobou a declaración de interese autonómico da Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 que o Real Club Celta de Vigo está a desenvolver en Mos.

Foi precisamente o presidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, o que o anunciou hai un mes tras unha reunión do seu goberno, asegurando que o proxecto do Celta é unha iniciativa que “transcende o ámbito municipal” pola súa repercusión “económica, social e cultural”.

Tal como subliñou, esta declaración é un procedemento regulado por lei e xa en decembro de 2023 recibiuse o informe ambiental estratéxico da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no que se concluía non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxico ordinario o proxecto, ao considerar que non se producirían efectos significativos no medio ambiente.

Esta declaración permitirá, segundo dixo Rueda, “axilizar os trámites e a execución das actuacións que sexan necesarias”, destacando que o proxecto busca converter a Galicia “nun referente internacional da formación, investigación e industria do deporte”. O futuro complexo deportivo contará con tres agrupacións de infraestruturas: a Cidade Deportiva Afouteza, o Centro Integral para a Capacitación da Industria do Deporte e a área de servizos.

ÚLTIMAS

Detido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a un home de 40...

Axentes da Policía Nacional salvan a vida a unha muller que se desvaneceu na rúa en Vigo

A rápida intervención de dous axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo permitiu...

Calor sufocante e frío extremo nas dependencias da Policía de Vigo

Os sindicatos JUPOL e CSIF denunciaron ante a Inspección de Traballo a situación que...

Vigo mantén “vixilancia máxima” nas súas zonas forestais para previr incendios

O Concello de Vigo mantén activa a "vixilancia máxima" en zonas forestais da cidade...