InicioVigo e contornaVigoCondenado a sete años o mozo que violou a outro home no...

Condenado a sete años o mozo que violou a outro home no baño dun aparcadoiro de Vigo

A sala tamén determina que o feito de que non presentase lesións aparentes non exclúe que fose agredido sexualmente, e engade que hai evidencias da "pegada psíquica" que os feitos produciron no prexudicado, que está en tratamento e presentou signos de trastorno de ansiedade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que condena a un total de 7 anos de cárcere a Borja F.F., como autor dun delito de agresión sexual con penetración e outro delito de roubo con violencia.

Así, o tribunal provincial considerou probado que, na madrugada do 29 de maio de 2022, o acusado atopouse coa vítima na rúa Rosalía de Castro e este díxolle que lle roubaron o bolso. O procesado, coa escusa de axudarlle, convidouno a baixar con el aos baños do aparcadoiro situado nesa rúa, para consumir cocaína.

Pero unha vez dentro dos aseos, pechou a porta e agrediuno sexualmente, agarrándoo polo pelo para tentar que lle fixese unha felación e, posteriormente, tras empuxalo contra unha parede, penetrouno analmente, antes de empuxalo e deixalo no chan, índose co teléfono móbil da vítima.

A Audiencia outorga crédito ao testemuño do home agredido, e sinala que, ademais, hai elementos que apontoan a súa versión, como o feito de que enseguida contou aos seus amigos o que lle pasou, e os propios policías que interviñeron (e que acabaron detendo ao sospeitoso e recuperando no seu poder o móbil roubado) reflectiron no seu informe que apenas puideron falar coa vítima porque estaba “en estado de ‘shock'”.

A sala tamén determina que o feito de que non presentase lesións aparentes non exclúe que fose agredido sexualmente, e engade que hai evidencias da “pegada psíquica” que os feitos produciron no prexudicado, que está en tratamento e presentou signos de trastorno de ansiedade.

Deste xeito, a Audiencia non ve acreditada a versión do acusado, que recoñeceu que había ido co outro home a consumir cocaína ao baño do aparcadoiro pero negou no xuízo dita agresión sexual, e alegou que se levou o móbil da vítima de forma “inconsciente”.

Por todo iso, considera a Borja F.F. autor dun delito de agresión sexual con penetración e un delito de roubo con violencia, e condénao a penas que suman 7 anos de cárcere. Igualmente, establece a prohibición de comunicarse ou achegarse á vítima durante 10 anos, e a medida de liberdade vixiada (tras saír de prisión) durante 5 anos.

Con respecto á responsabilidade civil, a Audiencia acordou que Borja F.F. debe indemnizar ao home ao que agrediu na cantidade de 9.000 euros. A sentenza non é firme, e contra ela cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...