InicioSucesosDetido un hombe por entrar a roubar no interior dun almacén en...

Detido un hombe por entrar a roubar no interior dun almacén en Vigo

Os axentes comprobaron que se trataba dunha nave utilizada como almacén, que tiña unha xanela rota a uns 6 metros de altura, así como a célula de apertura de acceso rota.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, S.P.M. de Ponferrada (León) e 35 anos de idade, foi detido en Vigo este pasado mércores tras entrar a roubar nun almacén.

Segundo informa a Policía Local, os feitos ocorreron pasadas as 23.00 horas e foi un veciño da rúa Aragón o que alertou ao escoitar ruídos e golpes nun inmoble próximo á súa vivenda.

Unha vez no punto, os axentes comprobaron que se trataba dunha nave utilizada como almacén, que tiña unha xanela rota a uns 6 metros de altura, así como a célula de apertura de acceso rota.

Precisamente xunto ao portal, os funcionarios localizaron unha chave inglesa e unha panca metálica duns 30 centímetros. Tras cubrir todas as rutas de escape, observaron a un individuo saír do interior por unha xanela, accedendo ao tellado do inmoble lindeiro, sendo interceptado e detido pola suposta comisión dun delito de roubo con forza.

Tras a súa detención mostrou, un elevado nivel de agresividade, golpeando violentamente o vehículo Policial durante o seu traslado, chegando ao extremo de tratar de agredir fisicamente á doutora que lle asistiu, no exercicio ao seu dereito a ser atendido por un médico, tendo que ser reducido polos axentes que neses momentos exercían a súa custodia.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...