InicioSucesosCondenado a catro anos por agredir sexualmente á filla menor da súa...

Condenado a catro anos por agredir sexualmente á filla menor da súa parella

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a catro anos de cárcere a un home por agredir sexualmente á filla da súa parella en 2022, cando tiña 14 anos. No fallo, o tribunal considera probado que accedeu unha noite á habitación da vítima e, con ánimo de atentar contra a súa liberdade sexual, “deitouse detrás dela, levantoulle a camisa do pixama, introduciu a súa man por baixo do sujetador que vestía e tocoulle e apertou o peito esquerdo”.

Como consecuencia destes actos, segundo relata a Sala, “a menor removeuse para indicar que estaba esperta e tentar que o acusado parase, apartando o sospeitoso a súa man momentaneamente, xa que uns segundos despois, volveu introducila da mesma maneira e tocoulle de novo o peito“.

Os maxistrados, que o consideraron culpable dun delito de agresión sexual na persoa dunha menor de 16 anos, con prevalimiento por convivencia, tamén lle impuxeron a prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima durante cinco anos, así como a inhabilitación para o exercicio dos dereitos da patria potestade, tutela, curatela, garda ou acollemento durante catro anos; e a inhabilitación para calquera profesión, oficio ou actividades que leven aparellado contacto regular e directo con menores de idade durante seis anos. Así mesmo, condenárono a indemnizar á afectada con 3.000 euros.

O tribunal conclúe, tras valorar a declaración da prexudicada conforme aos principios establecidos sobre coherencia e credibilidade do testemuño da vítima, que posúe “alcance suficiente para desvirtuar o principio de presunción de inocencia”, xa que “hai falta de incredibilidade subxectiva pola ausencia de calquera propósito de prexudicar e supera os filtros de coherencia interna, corroboracións periféricas e persistencia na incriminación”.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...