InicioSucesosEstudantes da ESAD de Vigo denuncian coaccións dalgúns docentes e "inacción" da...

Estudantes da ESAD de Vigo denuncian coaccións dalgúns docentes e “inacción” da Xunta

Aínda que non quixeron especificar que comportamentos os levaron a mostrar a súa desconformidade, si sinalaron que non senten "seguros" fronte á actitude dalgúns docentes, que lles levan a sentirse "manipulados, aterrorizados, violentados e atacados"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Estudantes da Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD) protagonizaron este venres unha protesta no centro, situado en Vigo, para reclamar “solucións” á administración ante a “situación de incomodidade” que se vive nas aulas polas “coaccións”, “intimidación” e “prácticas cuestionables” por parte dalgúns docentes.

Así, fixeron unha concentración e corearon consignas como “a nosa educación, sen intimidación”, “fóra o medo, queremos solucións”, ou “non hai comodidade, queremos igualdade”, antes de dar lectura a un manifesto co que esixen respostas á administración e “tolerancia cero da Inspección educativa ante prácticas que violentan a intimidade”.

Aínda que non quixeron especificar que comportamentos os levaron a mostrar a súa desconformidade, si sinalaron que non senten “seguros” fronte á actitude dalgúns docentes, que lles levan a sentirse “manipulados, aterrorizados, violentados e atacados”. “Necesitamos un ambiente seguro, a intimidación e o abuso de poder non deben ter cabida”, advertiron.

Ademais, denunciaron que trasladaron os feitos á Consellería de Educación en diversas ocasións e non tiveron solución, polo que advirten: “Non quedaremos caladas, permitindo que o ciclo continúe, porque a inacción das institucións perpetúa o problema”.

“Esiximos mecanismos de denuncia accesibles, e que protexan ao alumnado”, explicaron, antes de apuntar que temen represalias se dan informacións máis concretas, aínda que confirmaron que a situación de malestar está vinculada en certa maneira cos feitos ocorridos hai uns anos no centro, cando varias alumnas interpuxeron denuncia, por suposto acoso sexual, contra tres profesores, un procedemento que foi arquivado.

O director da Escola, Roberto Relova, confirmou que a situación de tensión e malestar mantense desde hai meses, e trasladou o seu respaldo aos alumnos e alumnas.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...