InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo denuncia a "opacidade" da negociación con Povisa e...

O BNG de Vigo denuncia a “opacidade” da negociación con Povisa e as “dúas velocidades” en asistencia sanitaria

Así o sinalaron a portavoz de sanidade do Bloque no Parlamento de Galicia, Montse Prado, e o portavoz nacionalista en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, tras reunirse esta mañá con representantes do persoal do hospital privado vigués

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG lamentou este venres a “opacidade” coa que se está levando a cabo, ao seu xuízo, a negociación do novo contrato con Ribeira Povisa para a asistencia sanitaria da área de Vigo que, segundo denuncian, funciona a “dúas velocidades”.

Así o sinalaron a portavoz de sanidade do Bloque no Parlamento de Galicia, Montse Prado, e o portavoz nacionalista en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, tras reunirse esta mañá con representantes do persoal do hospital privado vigués.

Foi Igrexas o que a apuntado á “opacidade, que non é nova na xestión do PP” nin tampouco na “relación do Servizo Galego de Saúde (Sergas) con Povisa”, segundo dixo, reclamando elementos de fiscalización “efectiva” para coñecer o “custo real” da prestación sanitaria do devandito hospital.

Pérez Igrexas insistiu en que o novo contrato incrementará en preto dun 16% a contía anual que o Sergas achega a Povisa (ata preto de 97,5 millóns), “sen que teña unha repercusión clara na asistencia sanitaria”. Por iso, solicitou que non haxa “dúas velocidades” e que se apliquen os mesmos cocientes de persoal/paciente que na rede pública.

Na mesma liña falou Prado, que dixo que o concerto con Povisa xa se debería renovar en agosto de 2024 e que agora “luns a luns” o Sergas concede prórrogas, esperando que se poña fin a esta situación.

Ela reivindicou a necesidade de que a Xunta absorba o centro privado para o público, tras ser declarado de interese público para manter a asistencia sanitaria. Isto permitiría tamén subrogar aos traballadores e igualar as prestacións que se realizan nos hospitais do Sergas.

Outra opción, segundo dixo, sería dotar ao Sergas das infraestruturas necesarias para poder absorber aos pacientes en instalacións propias, urxindo á Xunta que “deixe de engordar os resultados” dunha empresa privada.

Prado trasladou a súa “máxima preocupación” polo contrato que se está negociando, ao descoñecerse as condicións do mesmo, instando a homoxeneizar as condicións dos empregados.

Todo iso despois de que a finais de ano o Goberno galego autorizase lanzar o contrato con Povisa por case 195 millóns de euros e unha vixencia inicial de dous anos. Con todo, o contrato sufriu un cambio importante: pasa de ser un concerto a un contrato de servizos, polo que debía saír a licitación e que a empresa se presentase ao proceso.

Hai dúas semanas, o Goberno galego xa ampliou o prazo ata o pasado luns tras pedir o centro privado explicacións sobre certas dúbidas de interpretación da documentación. O luns 10, cando acababa o novo prazo, volveu estenderse unha semana máis ata o 17. Este luns, volveu ampliarse unha semana máis.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...