InicioEconomíaCaballero saca peito e di que Vigo é un "modelo turístico en...

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade “continúe sendo un modelo turístico en España”, tras bater unha nova marca de visitantes e pernoctaciones no mes de novembro.

Nun audio gravado e difundido aos medios de comunicación, o rexedor explicou que os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) constatan un incremento do número de turistas do 8,5% e do 9% das noites que pasan na cidade, en comparación con novembro de 2023.

Ademais, Caballero recalcou que a día de hoxe o 70% dos viaxeiros que chegan a Vigo proceden doutras cidades españolas, un 2,5% máis. Así, o turismo internacional creceu un 27%, ata representar o 30% do total. “Convertémonos e somos unha gran cidade receptora de turismo. Isto é excepcional. É economía, emprego, recursos e melloras en toda a hostalaría, e o que todo o mundo desexa: ser unha gran cidade turística”, recalcou o alcalde.

ÚLTIMAS

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...

Atopadas as primeiras ouriceiras fóseis de Galicia nunha praia de Vigo

O xeólogo Óscar Pazos acaba de informar do descubrimento das primeiras ouriceiras fóseis (icnofóseis...

Luz verde de Mos a unha nova licenza urbanística para continuar o desenvolvemento da cidade deportiva do Celta

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres unha nova licenza urbanística...

O BNG de Vigo pide revisar o plan de mobilidade da cidade para reducir os niveis de ruído e contaminación

O BNG de Vigo pediu este venres unha revisión do plan de mobilidade urbana...