InicioSucesosDeteñen por ameazas ao mozo que agredira a outro menor en Vigo...

Deteñen por ameazas ao mozo que agredira a outro menor en Vigo en novembro

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, incidiu en que, "aínda que é certo que adoitan acudir a zonas de lecer nocturno nas que se consome alcol e son protagonistas habituais de comportamentos incívicos e de incidentes de orde pública, tamén é verdade que non deixa de ser un grupo de rapaces con idades comprendidas entre os 14 e 15 anos"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, confirmou a detención por ameazas, este mércores, do menor relacionado cunha agresión a outro mozo en Vigo o pasado mes de novembro.

Segundo confirmou, a Policía Nacional de Vigo detivo ao menor que hai uns días protagonizou unhas supostas ameazas nun centro educativo da cidade cara a outro mozo, ao que lle sacou unha navalla.

Trátase do mesmo menor que a finais do pasado mes de novembro agrediu a outro mozo na zona da praza da Estrela de Vigo causándolle lesións no lóbulo da orella en vinganza por unha rifa anterior entre eles.

O mozo, de 14 anos, pasou a disposición da Fiscalía de Menores, que está a valorar as medidas a tomar ante esta reiteración de comportamentos violentos.

Ante esta situación, o subdelegado incidiu en que, “aínda que é certo que adoitan acudir a zonas de lecer nocturno nas que se consome alcol e son protagonistas habituais de comportamentos incívicos e de incidentes de orde pública, tamén é verdade que non deixa de ser un grupo de rapaces con idades comprendidas entre os 14 e 15 anos”.

“Non quero en absoluto quitar importancia a estas actitudes, pois evidentemente un adolescente violento que sae á rúa e vai ao colexio con navalla e obxectos contundentes xera unha lexítima preocupación. Pero insisto en que non podemos esquecer que se trata dunha persoa que non alcanzou a madurez”, sinalou.

De feito, comentou que o mozo, cando foi informado das posibles consecuencias das súas accións, “derrubouse e non puido conter as bágoas”.

Abel Losada expresou toda a súa solidariedade cos mozos agredidos e ameazados, así como con todas as súas familias. Fixo fincapé tamén en que a policía “actuou e seguirá actuando” para esixir as responsabilidades que correspondan, “sempre dentro do marco legal aplicable a mozos de tan curta idade”.

“Unha vez expostos os eixos obxectivos, unha pelexa con lesións e unha ameaza entre adolescentes, tócame tamén facer unha chamada á sensatez nestes tempos de esaxeracións, ruído e fake news en prime time. Así que non podo máis que rexeitar as informacións de ton sensacionalista e os bulos en redes sociais, reproducidos de maneira absolutamente desafortunada”, defendeu.

Considera que se contribúe así a xerar unha “alarma innecesaria” e a presentar Vigo como unha cidade insegura “e que as bandas campan ás súas anchas, cousa moi lonxe da realidade, por non dicir surrealista”.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...