InicioSociedadeA UVigo consegue máis de 4.000 novos ingresos en titulacións de grao,...

A UVigo consegue máis de 4.000 novos ingresos en titulacións de grao, un 105% de ocupación

"En titulacións de grao este ano batemos marcas de matrícula e isto tendo en conta a ampla oferta que hai actualmente, tanto en universidades públicas como privadas", sinalou a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) rexistrou 4011 novos ingresos nas súas titulacións de grao, o que supón unha cifra “marca” ao alcanzar un 105% de ocupación das súas prazas dispoñibles.

Así o recolle o Diario da Universidade (DUVI), que explica que a taxa de ocupación media dos 68 graos que ofrece o centro superou o 100% no curso 2024-2025, con 2118 mulleres e 1893 homes que ingresaron este curso na UVigo.

En concreto, a taxa media do campus de Pontevedra ascende ao 107%, mentres que o de Vigo queda no 104% e o de Ourense, no 103%. “Unhas cifras que consolidan unha subida continuada da matrícula e nas taxas de ocupación nas prazas de grao de novo ingreso nos últimos anos”, reivindicou a UVigo.

“En titulacións de grao este ano batemos marcas de matrícula e isto tendo en conta a ampla oferta que hai actualmente, tanto en universidades públicas como privadas”, sinalou a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini.

Para ela, este “éxito” débese a que se está transmitindo aos alumnos preuniversitarios, ás súas familias e á sociedade en xeral que a UVigo ofrece titulacións “de interese, renovadas e demandadas e que é unha universidade sólida, moderna, dinámica e sobre todo, de calidade”.

Por campus, en Pontevedra o grao de Educación primaria foi o que maior taxa de ocupación conseguiu, cun 123%, seguido do de Educación Infantil, cun 115%. En Vigo, o dobre grao de Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática chegou ao 200% de ocupación, mentres que o grao en Enxeñaría Eléctrica, ao 132%.

En Ourense, o grao con máis ocupación foi o de Relacións Internacionais e o dobre grao de Administración e Dirección de Empresas e Dereito, cun 150%.

En cando aos títulos de máster, a taxa de novo ingreso foi do 79%, cubríndose 1368 das 1733 prazas ofertadas. Esta cifra é moi similar á rexistrada o ano pasado e un 1% máis que en 2022-2023.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...