InicioEconomíaO TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

Tamén condenou a Stellantis a indemnizala en 6.251 euros por danos morais, ademais de pagarlle 267,56 euros ao mes desde febreiro de 2021

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que recoñecía o dereito dunha traballadora de Stellantis Vigo a aumentar a súa xornada laboral por conciliación, condenando ademais á compañía a indemnizala en máis de 6.200 euros por danos morais.

En concreto, o Alto Tribunal inadmite o recurso de casación presentado pola representación legal da empresa, declarando firme a sentenza recorrida e sen posibilidade de máis recursos.

En concreto, a traballadora, afiliada da CUT, contaba con xornada reducida, de 12.00 a 16.00 horas por motivos de conciliación tras o nacemento do seu fillo. Cando o neno creceu solicitou que se ampliase nunha hora o seu horario, de 11.00 a 16.00 horas, ou ben de 11.30 a 16.30 horas, pero a empresa rexeitou a súa petición, alegando que non encaixaba no sistema vixente conforme ao acordo colectivo de conciliación de Stellantis Vigo.

A empregada acudiu aos tribunais e, en primeira instancia, un xulgado do Social de Vigo deu a razón á empresa. Pero, tras presentarse un recurso de súplica, o alto tribunal galego revogou esa sentenza, recoñeceu o dereito da recorrente a pasar dun 50% a un 62,5% de xornada, ata que o seu fillo cumpra 12 anos.

Tamén condenou a Stellantis a indemnizala en 6.251 euros por danos morais, ademais de pagarlle 267,56 euros ao mes desde febreiro de 2021 (momento en que solicitou o cambio de xornada) por danos patrimoniais e 750 euros en concepto de honorarios do seu letrado. Agora, o Supremo confirmou esta sentenza.

Na súa resolución, o Supremo considera que esta “basta” denegación do estudo da solicitude por parte de Stellantis Vigo considérase “obstructiva do pacífico goce dos dereitos de conciliación da traballadora”, polo que cre que vulnera o dereito á non discriminación por razón de circunstancias familiares.

Tras coñecerse a sentenza, nun comunicado, a CUT tachou de “inaceptable” que en pleno século XXI empresas como Stellantis “continúen obstaculizando os dereitos laborais fundamentais dos seus traballadores”.

“Desde a CUT vemos absolutamente lóxico que se comecen a ditar sentenzas en contra do plan de igualdade da antiga Citroën pois, como xa denunciamos en varas ocasiones, é un plan discriminatorio, arbitrario e só contempla as necesidades da empresa para darlle a mínima cobertura legal, xa que se está demostrando insuficiente“, sentenciou.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...