InicioVigo e contornaVigo"Chiflaso, delourar, fanado, fariñoque, ghaldrumeiro, ghichar, marmanxo"... O falar de Vigo

“Chiflaso, delourar, fanado, fariñoque, ghaldrumeiro, ghichar, marmanxo”… O falar de Vigo

Entre os vocábulos propiamente vigueses están chiflaso, delourar, fanado, fariñoque, ghaldrumeiro, ghichar, marmanxo, marreca, pello, petouraso ou pisca-pisca

PUBLICADO O

- Advertisement -

O edificio Redeiras da Universidade de Vigo acolleu este mércores a presentación do libro ‘A fala de Vigo. Trazos diferenciais dá nosa variedade dialectal’, do catedrático Xosé Henrique Costas, editado co apoio da área de Normalización Lingüística da institución académica.

Na presentación, o seu autor defendeu que, a pesar de que a cidade olívica é a máis ‘castellanizada’ de Galicia, aínda é posible escoitar o galego pola rúa, en buses, bares ou tendas, sobre todo nas parroquias do rural.

O profesor Costas explicou que o libro naceu cando a asociación Faladoiros-Vigo encargoulle unha conferencia sobre ‘a fala’ da cidade. “Por mor dos materiais e mapas elaborados para esa charla, valorouse a posibilidade de imprimir unha publicación e facela chegar a todos os centros de ensino, asociacións veciñais e culturais, etc.”, sinalou.

O volume ábrese cun soneto a Vigo de Darío Xohán Cabana e cun prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín, e arrinca coa descrición dos principais trazos fonéticos e morfológicos da forma de falar galego en Vigo, unha ‘fala’ suroccidental galega, coas súas características macrodiferenciales, incluídas a gheada e o seseo.

Igualmente, recolle refráns e frases feitas, como ‘dar en tolo’, ‘ir a Vigho por mirar Canghas’, ‘quen che dera piche pola costa de Peniche’, ‘a cabra co visio dá cos cornos non cu’, ‘quen cala fode a quen fala’ ou ‘quen de novo foi bailador de vello dálle un xeitiño’.

Así mesmo, defínense unhas 400 palabras de uso común, que non adoitan aparecer en ningún dicionario, algunhas exclusivas de Vigo e outras comúns con outras zonas do suroeste; algunhas adaptacións de castelanismos; ou palabras que son iguais en galego pero con significado distinto. Entre os vocábulos propiamente vigueses están chiflaso, delourar, fanado, fariñoque, ghaldrumeiro, ghichar, marmanxo, marreca, pello, petouraso ou pisca-pisca.

En Vigo xogamos ao ‘pai-fillo-nai’ no canto da o tres en raia, dicimos peio no canto de mariola (a rayuela en castelán) e pomos o pisca-pisca do coche no canto do intermitente”, sinalou Xosé Henrique Costas.

ÚLTIMAS

Caballero ameaza con acudir á FIFA e acusa á RFEF, Xunta e Deputación de “confabularse” para deixar a Vigo fóra do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu unha carta ao presidente da Real Federación...

Rueda celebra a conexión de Stellantis á rede de moi alta tensión e a “rectificación” do Goberno central

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou este luns a súa satisfacción tras o...

Detido en Gondomar tras disparar cunha arma de aire comprimido contra unha muller e atrincheirarse na súa vivenda

A Garda Civil detivo a pasada semana a un home de 52 anos no...

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...