InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo reclama ao Concello un plan contra inundacións

O BNG de Vigo reclama ao Concello un plan contra inundacións

O portavoz do grupo nacionalista no Concello olívico, Xabier Pérez Igrexas, lembrou que na cidade hai identificados ata 50 zonas de risco de inundación, segundo recóllese nas previsións do Plan Xeral, concentradas fundamentalmente na contorna dos ríos Lagares, Barxa e en zonas do litoral

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo urxiu ao goberno municipal a elaboración dun plan municipal de acción contra as inundacións, un documento que tería que estar elaborado no período 2021-2022, pero do que, a día de hoxe, “non se coñecen avances, a pesar do seu carácter obrigatorio”.

O portavoz do grupo nacionalista no Concello olívico, Xabier Pérez Igrexas, lembrou que na cidade hai identificados ata 50 zonas de risco de inundación, segundo recóllese nas previsións do Plan Xeral, concentradas fundamentalmente na contorna dos ríos Lagares, Barxa (en Sárdoma) e en zonas do litoral.

O plan, sinalou o edil nacionalista, debe recoller medidas concretas, máis aló de actuacións parciais e puntuais de mellora na rede de saneamento.

Así, o BNG interpelará ao alcalde na próxima Comisión Informativa de Fomento para urxir a elaboración deste plan que, sinalaron os nacionalistas, debe ir acompañado de “unha actualización do Plan Municipal de Emerxencias” do Concello.

Por outra banda, este grupo municipal pediu tamén a “máxima cooperación” entre o Concello olívico e a Xunta de Galicia apar avanzar nas medidas estruturais definidas por Augas de Galicia en 2020, entre elas o Plan de Acción; e reclamou tamén unha mellora da rede de saneamento para “implantar dunha vez a recollida separada de augas pluviais e residuais”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...