InicioSucesosUn ano e sete meses de prisión por baleirar un extintor nos...

Un ano e sete meses de prisión por baleirar un extintor nos xulgados de Vigo

Os xulgados tiveron que ser desaloxados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home que, en outubro de 2023, baleirou un extintor nun xulgado de Vigo e obrigou a desaloxar todas as instalacións da Cidade da Xustiza aceptou unha pena dun ano e sete meses de prisión como autor dun delito de desordes públicas e un delito leve de lesións, porque tamén atacou a outra persoa que o denunciou.

A vista de conformidade levouse a cabo este mércores no Xulgado do Penal número 1 da cidade olívica e, durante a mesma, o home recoñeceu os feitos, aceptando dita pena de cárcere e unha multa de máis de 1.200 euros (1.125 euros por desorde pública e 90 euros polo delito de lesións).

Ademais, terá que indemnizar á vítima con 50 euros. Tamén se chegou a un acordo para non entrar en prisión se non volve delinquir nos próximos anos.

Segundo recollía Fiscalía no escrito de acusación, os feitos ocorreron na mañá do 5 de outubro de 2023, cando este home tiña que acudir a un xuízo por un delito leve, no que tamén estaba a persoa que o denunciou.

A vista foi suspendida e, ao saír da sala, o home colleu un extintor, retiroulle o precinto, e asperxeu na cara á persoa que o denunciou. Como consecuencia desta acción, toda a sala, mobiliario e equipamento, quedaron cubertos dun po branco.

Ademais, activouse a alarma contra incendios e as instalacións da Cidade da Xustiza de Vigo, e obrigou a suspender ou atrasar numerosas vistas en salas de instrución, do Social e en dous xulgados do Penal.

O procesado ten un trastorno orgánico de personalidade, con trazos obsesivos e paranoides, e unha síndrome frontal. Ese día, sufriu un episodio de alteración de conduta que puido minguar de maneira grave as súas capacidades volitivas.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...