InicioSociedadeUn ano e sete meses de prisión por baleirar un extintor na...

Un ano e sete meses de prisión por baleirar un extintor na Cidade da Xustiza

Como consecuencia dos feitos, activouse a alarma contra incendios e as instalacións da Cidade da Xustiza de Vigo, e obrigou a suspender ou atrasar numerosas vistas en salas de instrución, do Social e en dous xulgados dos Penal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home que, en outubro de 2023, baleirou un extintor nun xulgado de Vigo e obrigou a desaloxar todas as instalacións da Cidade da Xustiza aceptou unha pena dun ano e sete meses de prisión como autor dun delito de desordes públicas e un delito leve de lesións, porque tamén atacou a outra persoa que o denunciaba. A vista de conformidade levouse a cabo este mércores no Xulgado do Penal número 1 da cidade olívica e, durante a mesma, o home recoñeceu os feitos, aceptando dita pena de cárcere e unha multa de máis de 1.200 euros (1.125 euros por desorde pública e 90 euros polo delito de lesións).

Ademais, terá que indemnizar á vítima con 50 euros. Tamén se chegou a un acordo para non entrar en prisión se non volve delinquir nos próximos anos. Segundo recollía Fiscalía no escrito de acusación, os feitos ocorreron na mañá do 5 de outubro de 2023, cando este home tiña que acudir a un xuízo por un delito leve, no que tamén estaba a persoa que o denunciaba.A vista foi suspendida e, ao saír da sala, o home colleu un extintor, retiroulle o precinto, e asperxeu na cara á persoa que o denunciaba. Como consecuencia desta acción, toda a sala, mobiliario e equipamento, quedaron cubertos dun po branco.

Ademais, activouse a alarma contra incendios e as instalacións da Cidade da Xustiza de Vigo, e obrigou a suspender ou atrasar numerosas vistas en salas de instrución, do Social e en dous xulgados dos Penal. O procesado ten un trastorno orgánico de personalidade, con trazos obsesivos e paranoides, e unha síndrome frontal. Ese día, sufriu un episodio de alteración de conduta que puido minguar de maneira grave as súas capacidades volitivas.

ÚLTIMAS

Multa de 100 millons a Stellantis polo fraude no cártel de reciclaxe

Volkswagen, Stellantis e outros fabricantes de coches foron multados con 458 millóns de euros...

Rescatan, con axuda dunha empresa eléctrica, a dúas persoas atrapadas nunha vivenda que se incendiou en Vigo

Os equipos de emerxencia rescataron, grazas á axuda dunha empresa eléctrica que se atopaba...

Fiscalía pide absolución para os acusados de ocupar o edificio que ardeu en Vigo 2023

Fiscalía solicitou este martes a absolución da vintena de acusados pola suposta okupación do...

Caballero apunta que Rueda “sabe máis do que di” sobre as sedes do Mundial e pide o cesamento de Calvo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este martes que o presidente da Xunta,...