InicioPolíticaCaballero convoca un pleno extraordinario para debater "a fondo" sobre o AVE...

Caballero convoca un pleno extraordinario para debater “a fondo” sobre o AVE Vigo-O Porto: “Ten que estar en 2030”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou un pleno extraordinario para o día 7 de novembro para debater “a fondo” sobre a situación do AVE Vigo-O Porto.

Todo iso tras as declaracións do xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez, no último cume hispano lusa que pon de manifesto a intención de priorizar a conexión de AVE de Lisboa con Madrid no canto da do Porto e Vigo.

“Neste momento hai unha posición que ten que ser cambiada desde o Goberno de España. O AVE Vigo-Porto ten que estar acabado no ano 2030 e convocarei o pleno para debater isto a fondo e dicirlle ao Goberno de España que ten que establecer a data 2030”, incidiu o rexedor da cidade olívica.

Caballero ve “necesario” debater cando José María Aznar “decidiu que Vigo quedaba sen AVE” e de cando o goberno liderado por Mariano Rajoy “deixou caducar” a declaración do impacto ambiental da ligazón por Cerdedo. Ademais, “é preciso” pór de manifesto as actitudes de cada un dos grupos –que conforman o pleno municipal–.

Con todo, para Caballero “non é só” a conexión co Porto, senón tamén a unión Vigo-Madrid directo por Cerdedo, de tal forma que Vigo “estea no centro de trazado” Lisboa-Porto-Vigo-Madrid.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...