InicioVigo e contornaO PorriñoOperación Caba: máis de 34 infracións en carreiras ilegais de coches no...

Operación Caba: máis de 34 infracións en carreiras ilegais de coches no Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local do Porriño levou a cabo o pasado sábado 12 de outubro a “Operación Caba”, unha intervención destinada a desactivar unha masiva concentración de vehículos e persoas no polígono industrial Oceanis-Cataboi. Este evento, convocado a través de redes sociais, converteuse nun espazo para exhibicións de condución e carreiras ilegais, xerando un grave risco para a seguridade pública.

Desde hai varias semanas, as autoridades detectaron un aumento na concentración de turismos e asistentes no polígono os sábados pola noite. Inicialmente, estas reunións eran simples quedadas, pero co tempo evolucionaron cara a carreiras ilegais e manobras perigosas, como trompos e arranques que comprometían a seguridade de case un milleiro de persoas presentes.

A operación foi coordinada polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 1 do Porriño. Dispúxose un amplo dispositivo policial que incluíu o uso de drons e  outros medios técnicos para documentar as infraccións. Ás 00:55 horas do 13 de outubro, a policía pechou sorpresivamente todos os accesos ao polígono, obrigando aos vehículos a saír polo único paso habilitado, onde se realizaron inspeccións exhaustivas.

Como resultado da operación, cinco condutores foron investigados pola presunta comisión dun delito contra a seguridade viaria (condución temeraria). Nove condutores enfrontan denuncias administrativas, con sancións de 500 euros e a perda de 6 puntos da súa licenza. Rexistráronse máis de 20 infraccións ao Regulamento Xeral de Vehículos, así como denuncias por circular sen seguro e sen cinto de seguridade.

As investigacións revelaron que este tipo de concentracións están a levarse a cabo en varios municipios da comarca e no país veciño, con organizadores que implementan medidas de vixilancia para detectar a presenza policial. Entre os vehículos involucrados nestas carreiras ilegais atopáronse desde automóbiles con máis de 20 anos de antigüidade ata vehículos modernos, sorprendendo a participación mesmo dun vehículo fúnebre.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Rueda a conseguir “do seu amigo” Luís Montenegro, primeiro ministro luso, o compromiso co AVE en 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Goberno de España...

A Xunta defende o seu traballo na illa de San Simón logo das críticas do Concello de Pontevedra

A Xunta de Galicia reivindicou que "cumpre cos termos" da concesión demanial e do...

Un xulgado Social emite a primeira sentenza ditada en Vigo con uso do sistema de adaptación á lectura fácil

O Xulgado do Social número 2 de Vigo ditou unha sentenza pioneira na cidade ao utilizar...

O BNG de Vigo alerta que o goberno local non mantén “o mínimo de bombeiros” na cidade

O BNG de Vigo alertou este martes de que o goberno municipal que preside...