InicioDeportesTírase dende un primeiro piso como 'castigo' por perder no xogo online...

Tírase dende un primeiro piso como ‘castigo’ por perder no xogo online de LaLiga

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo en Vigo lanzouse desde un primeiro piso debido a unha aposta relacionada co xogo de LaLiga Fantasy e compartiu o vídeo en redes. As imaxes, que foron difundidas por unha conta en TikTok, alcanzaron case un millón de visualizacións.

No vídeo obsérvase un grupo de catro mozos, tres agardando a que un deles, por fóra do ventanal, cumpra cun “castigo” por perder na xornada 4 da LaLiga Fantasy, un popular xogo entre os máis novos, afeccionados ao fútbol.

O mozo lanzase á beirarrúa da avenida da Hispanidade con Gran Vía desde un primeiro piso. Inicialmente, cae sobre unhas matogueiras que parecen amortecer lixeiramente o impacto. 

O vídeo foi retirado de TikTok pero partillada a captura en X. 

A febre pola LaLiga Fantasy non sorprende a adeptos pero si que estea vinculada a apostas tan arriscadas e humillantes con este reto en redes para os perdedores semanais.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...