InicioEconomíaSuspendidas varias quendas en Stellantis esta semana por problemas de subministración

Suspendidas varias quendas en Stellantis esta semana por problemas de subministración

Todo iso a pesar de que hai menos dun mes que as instalacións de Stellantis Vigo retomaron o traballo tras o parón das vacacións de verán

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa da compañía automobilística Stellantis suspenderá varias quendas esta semana por problemas de subministración.

Tal como informou a dirección da planta aos traballadores, nesta ocasión será o Sistema 1, que ensambla os Peugeot 2008, o que parará na tarde e na noite deste martes, así como na mañá deste mércores, día 18 de setembro.

“Por causa de forza maior, a consecuencia da falta de aprovisionamentos, suspéndese a actividade do Sistema 1 nas quendas de tarde e noite do martes 17 de setembro, e na quenda de mañá do mércores 18”, indicou a empresa aos empregados.

Todo iso a pesar de que hai menos dun mes que as instalacións de Stellantis Vigo retomaron o traballo tras o parón das vacacións de verán.

ÚLTIMAS

O tráfico de mercadorías do Porto de Vigo rexistra nova marca histórica

O Porto de Vigo pechou o primeiro semestre deste ano con novas "marcas históricas",...

Caballero esixe á Xunta que remate co maltrato á educación viguesa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve "intolerable" que a Xunta "maltrate a educación...

O PP de Vigo lamenta a “falta de alternativas” do Concello tras non autorizar atraccións nas festas Bouzas

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou a "falta de alternativas" do Concello...

Detido en Vigo por transportar máis de 100 pastillas de anabolizantes e viagra no seu coche

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a un home, I.E.R.Q. de...