InicioMovementos SociaisA XI Carreira contra o Cancro de Vigo para recadar fondos para...

A XI Carreira contra o Cancro de Vigo para recadar fondos para investigación será o 20 de outubro

Precisamente este martes foi a presentación do evento, levada a cabo no Corte Inglés, á cal acudiu, entre outros, a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación Vigo Contra o Cancro celebrará o próximo 20 de outubro a undécima edición da súa carreira solidaria, que ten como obxectivo recadar fondos para a investigación da devandita enfermidade.

Precisamente este martes foi a presentación do evento, levada a cabo no Corte Inglés, á cal acudiu, entre outros, a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez.

Ela puxo o foco en que este tipo de citas demostran “non só que aos vigueses gústalles estar en forma, senón que tamén son unha cidade cunha gran implicación social e moi solidaria”.

Para Sánchez, proba disto son os máis de 35.000 euros recadados o ano pasado e os máis de 240.000 acumulados desde a primeira edición desta carreira, que comezou en 2013.

Por todo iso, desde a Deputación agradeceron aos organizadores e voluntarios o “gran traballo” que levan a cabo, cunha iniciativa que “permite visibilizar a importancia e a necesidade de dotar de fondos suficientes á investigación para atopar unha cura a esta enfermidade tan terrible e dramática”.

Este ano, o 90% da recadación irá destinada ao proxecto Galicervix, liderado pola doutora Isaura Fernández, do servizo de Oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, que pretende mellorar a resposta, o seguimento e o tratamento do cancro de pescozo uterino.

Así mesmo, o 10% restante, destinarase como cada ano ao desenvolvemento de actividades para os nenos pacientes do servizo de Oncoloxía do Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...