InicioEconomíaComeza a operación Panificadora en Vigo, á espera do PXOM e as...

Comeza a operación Panificadora en Vigo, á espera do PXOM e as expropiacións

Concello e Zona Franca queren urbanizar máis de 7.000m2 do centro histórico da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades, asinaron este venres un protocolo para deixar constancia da súa intención de recuperar o ámbito da Panificadora, en pleno centro da cidade, e á espera de que se aprobe o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e a administración local poida levar a cabo as expropiacións necesarias para a rehabilitación desta contorna.

Caballero e Regades escenificaron nun acto na Praza do Rei, co emblemático edificio de fondo, o acordo de ambas as administracións para recuperar un ámbito urbanístico que leva décadas abandonado e que pasou por diversas vicisitudes urbanísticas.

O propio rexedor olívico recoñeceu que existiu un protocolo anterior con Zona Franca para a reforma desa contorna (aprobado polo Pleno en 2016), pero non se chegou a materializar por “cuestións urbanísticas”: o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a modificación puntual do PEPRI que amparaba esa actuación, polo que a modificación tivo que incorporarse na redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que se aprobará de forma definitiva “pronto”.

Por outra banda, o alcalde lembrou que anteriores gobernos contemplaron para ese ámbito “inmensas edificabilidades” que impedían a posta en valor dese patrimonio industrial. “O noso goberno quere rehabilitalo mantendo a esencia e que sexa para a cidade. Non queremos que sexa para inmensas torres e para pelotazos, como antes se trazou”, proclamou Caballero, que puxo en valor a participación de Zona Franca, que se encargará de financiar as obras.

RECUPERAR MÁIS DE 7.000M2

O protocolo subscrito este venres, que non ten “contido obligacional algún”, establece o compromiso de ambas as por recuperar o ámbito e establece as bases da colaboración interinstitucional. As condicións, investimento, prazos e outros detalles deberán quedar fixados nun convenio que, segundo a previsión do propio Regades, podería estar asinado antes de que finalice o ano.

Segundo recóllese no documento, previo acordo entre o Concello e Zona Franca no convenio recolleranse as obrigacións de ambas as partes e as accións que a administración local deba realizar para pór a disposición do organismo estatal o espazo de actuación, de máis de 7.000 metros cadrados, incluíndo as edificacións da Panificadora e os inmobles situados nos números 26 e 28 da rúa Santiago.

A idea de Zona Franca é poder licitar o proxecto no primeiro semestre de 2025; entre tanto, e tras a aprobación da PXOM, o Concello deberá acometer as expropiacións necesarias para pór a disposición os terreos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...