InicioMedio Ambiente e PatrimonioMúsica e cinema no The Wild Fest en Vigo para reivindicar a...

Música e cinema no The Wild Fest en Vigo para reivindicar a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente

PUBLICADO O

- Advertisement -

The Wild Fest, que chega este fin de semana á súa sexta edición, regresa a Vigo para reivindicar a sustentabilidade e o respecto polo medio ambiente con música, cinema e actividades de lecer na natureza.

Así, ademais dos concertos de 11 bandas das que nove son galegas, o encontro proxectará unha vintena de curtos internacionais de temática ambiental. Haberá tamén talleres, actividades para os máis pequenos e a habitual yinkana de orientación polo monte.

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo acolleu este martes a presentación deste evento “de pequeno formato”, que se desarolla na contorna natural do parque forestal de San Miguel de Oia do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro.

PROGRAMACIÓN

O prato forte desta edición chegará o sábado pola noite con Dakidarría e Moura, que compartirán cartel con Julián Maeso e Moonshine Wagon. A Polémica Banda dos Bechuchos e Mad Martin Trío tocan nas sesións vermú do sábado e do domingo, respectivamente.

Ademais, o venres celébrase a segunda edición do concurso Salvaxesons coa participación de Sanny Law, The Kelly Kelly’s, Superglú e The Broke.

No que respecta ao cinema, nesta edición proxectaranse 20 curtos e unha longametraxea repartidos en cinco sesións. Unha das cintas seleccionadas é ‘Iberia, natureza infinita’, candidata a mellor documental nos premios Goya, así como outros títulos exhibidos en destacados certames internacionais como o Wild & Scenic Filme Festival, BANFF, Bilbao Mendi Filme Festival, FICMA, CineEcoSeia ou o Wilscreen.

ÚLTIMAS

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

Investigado un veciño de Vigo por malos tratos animais tras localizar a un cabalo con varias feridas

O Equipo de Seprona da Garda Civil de Pontevedra investiga a un home, veciño...

Juan Magán, Taburete, Marlena e Álvaro de Luna únense ao Galicia Fest e reforzan o cartel musical do verán en Vigo

Juan Magán, Álvaro de Luna, Taburete e Marlena son as novas incorporacións confirmadas ao...