InicioSociedadeO persoal de Parques e Xardíns acepta o preacordo do convenio e...

O persoal de Parques e Xardíns acepta o preacordo do convenio e dá por desconvocada a folga

O sindicato valorou a unidade do persoal nas súas reivindicacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal da UTE Zonas Verdes de Vigo, concesionaria do servizo de mantemento de parques e xardíns da cidade olívica, acordou este venres en asemblea por unanimidade aceptar o preacordo do convenio asinado nas últimas horas polo comité, polo que queda definitivamente desconvocada a folga indefinida iniciada o 15 de xullo e que foi suspendida o 29 de xullo tras a mediación do AGA.

Segundo informou a CIG, o persoal considera que acordo garante o poder adquisitivo e melloras laborais. Coa mediación do AGA alcanzouse un pacto para aplicar subidas de 1,4 e 1,6 % para os anos 2024 e 2025 en todos os conceptos salariais, excepto no plus de antigüidade.

Para 2026 e 2027 a subida será do 3 % e, se a 1 de xaneiro de 2026 o IPC está por encima do 3 %, a empresa aplicará un aumento adicional dun punto que irá ás táboas salariais. Tamén se acordou unha cláusula de revisión a 1 de xaneiro de 2028.

O plus de antigüidade revalorízase un 3 % para 2026 e outro tanto para 2027. Igualmente, acordouse que o calendario laboral elaborarase en negociación e acordo coa RTL no mes de decembro, unha vez publicado o calendario oficial, equiparando o goce dos días festivos entre os traballadores da quenda de luns a venres e os de quenda rotatorio.

Outro dos acordos é a formalización de catro contratos indefinidos, dous deles para persoas incluídas na lista de persoal temporal e fixos descontinuos, tendo en conta criterios de antigüidade e de requisitos do posto de traballo.

O sindicato valorou a unidade do persoal nas súas reivindicacións e afearon o papel do goberno local vigués durante o conflito, xa que “non fixo nada por desbloquear a situación, máis ben todo o contrario, chegando mesmo a expresar ameazas e descualificacións ao persoal por facer uso do dereito de folga”.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...