InicioCulturaPremio Talento Eurorrexión 2024 para o proxecto Máscaras do Mundo

Premio Talento Eurorrexión 2024 para o proxecto Máscaras do Mundo

"Máscaras do mundo' é unha viaxe completa polas diferentes máscaras que hai ao longo e ancho da paisaxe ourensá", indicou o xurado na súa acta sobre a obra de Xusto Gude, artista de Xinzo de Limia (Ourense) de 61 anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto ‘Máscaras do Mundo’, do escultor Xusto Gude Méndez, é o gañador da primeira edición do Premio Talento Eurorrexión 2024, organizado pola AECT Galicia-Norte de Portugal.

Tal como informou a AECT nun comunicado, o xurado concedeu o premio por unanimidade entre as 18 propostas recibidas, de candidatos dun lado e do outro da fronteira.

“Máscaras do mundo’ é unha viaxe completa polas diferentes máscaras que hai ao longo e ancho da paisaxe ourensá”, indicou o xurado na súa acta sobre a obra de Xusto Gude, artista de Xinzo de Limia (Ourense) de 61 anos.

Por iso, o gañador recibirá unha escultura creada para a ocasión pola prestixiosa artista galega CH Sueiro, que será entregada o próximo 20 de xullo ás 17.00 horas, coincidindo co Festival Ikfem na antiga ponte internacional sobre o río Miño.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...