InicioVigo e contornaVigoConvocado un pleno extraordinario en Vigo para pedir á Abanca que doe...

Convocado un pleno extraordinario en Vigo para pedir á Abanca que doe ao Concello o Cinema Fraga

Tamén se pedirá a cooperación do Ministerio de Cultura do Goberno de España, ao considerar "moi valiosa" a súa achega no modelo de recuperación do Cinema Fraga

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou un pleno extraordinario da corporación municipal para o vindeiro venres, día 19 de xullo, cun único punto do día, relativo a solicitar a Abanca que doe ao Concello o Teatro Cinema Fraga, a pesar de que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra xa anunciaron que o adquirirán por 9,3 millóns de euros.

Segundo informou o portavoz municipal do PSOE, Carlos López Font, este pleno pretende solicitar á entidade financeira a doazón do Teatro para que sexa o Concello o que articule, con acordos coa Xunta, a Deputación e a Zona Franca, o uso do mesmo.

Tamén se pedirá a cooperación do Ministerio de Cultura do Goberno de España, ao considerar “moi valiosa” a súa achega no modelo de recuperación do Cinema Fraga.

Dáse a casualidade de que a semana pasada, tras meses de negociación, Xunta e Deputación anunciaron que aprobarían nos próximos días a compra conxunta do inmoble, pechado desde 2001 e a falta de culminarse a súa rehabilitación, por 9,3 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...