InicioPolíticaBNG esixe a Abel Caballero que faga fronte o "grave problema de...

BNG esixe a Abel Caballero que faga fronte o “grave problema de vivenda” coa moción aprobada en marzo

"Non podemos tolerar que Caballero, que leva 17 anos gobernando a cidade, continúe coa súa política de brazos caídos e mirando para outro lado", subliñou Pérez Igrexas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu este martes ao alcalde, Abel Caballero, que cumpra os acordos da moción nacionalista aprobada polo Pleno en marzo pasado, para facer fronte ao “grave problema de vivenda” na cidade olívica, xa que ata agora “non se adoptou ningunha decisión”.

“Os acordos plenarios non poden quedar en papel mollado”, advertiu o portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas que, nun comunicado remitido aos medios, lamentou que “a única decisión” coñecida do goberno local foi iniciar a licitación dun estudo sobre os prezos da vivenda en Vigo.

Segundo engadiu, este estudo é “unha escusa” para demorar a solicitude de declaración de Vigo como zona tensionada (un dos acordos recolleitos na moción), e iso a pesar de que existen “datos oficiais do IGVS que permiten motivar sobradamente esta medida desde o punto de vista legal”.

Tras denunciar a “inacción” do goberno vigués, o portavoz do BNG reclamou ao alcalde que informe detalladamente as accións levadas a cabo para cumprir a moción aprobada polo Pleno, e pediu tamén a comparecencia da concelleira de Urbanismo, María José Caride no próximo Consello da Xerencia de Urbanismo.

“Non podemos tolerar que Caballero, que leva 17 anos gobernando a cidade, continúe coa súa política de brazos caídos e mirando para outro lado”, subliñou Pérez Igrexas, que lembrou que “cada vez hai máis familias traballadoras e mozas que non se poden permitir o luxo de vivir en Vigo”.

Entre as medidas recollidas na moción do BNG están a solicitude de declaración de zona tensionada, a mobilización de 22.000 vivendas baleiras en Vigo para incorporalas a un parque público de aluguer social, a posta en marcha dunha Axencia Local de Vivenda Protexida, instar á Xunta a que dedica a metade das novas vivendas de Navia a aluguer social, ou urxir a cesión de vivendas titularidade da Sareb, entre outras.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...