InicioSucesosFalece un mozo en Vigo tras ter un accidente cunha carretilla elevadora

Falece un mozo en Vigo tras ter un accidente cunha carretilla elevadora

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo de 24 anos de idade faleceu este xoves en Vigo tras sufrir un accidente cunha carretilla elevadora, segundo confirmaron fontes da Policía Nacional.

O 112 Galicia informou de que o suceso tivo lugar pouco antes as 19,30 horas cando un particular alertou a Emerxencias de que un home quedara atrapado baixo unha carretilla elevadora no lugar de Parachán, na parroquia viguesa de Candeán.

O CIAE 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias 061, aos bombeiros, Policía Nacional e Policía Local. Unha vez no lugar, os bombeiros rescataron ao mozo, que foi atendido por persoal sanitario, e o vehículo foi retirado por un guindastre. Fontes da Comisaría de Vigo confirmaron que, finalmente, o mozo resultou falecido.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...