InicioSociedadeA UVigo presenta o seu proxecto de metaverso para os seus tres...

A UVigo presenta o seu proxecto de metaverso para os seus tres campus

Grazas ás ferramentas de software xeradas a través da iniciativa facilítase o traballo remoto a esta contorna virtual desde terminais con prestacións limitadas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra acolleu este martes a presentación do Universo UVigo, un proxecto de metaverso impulsado pola Universidade de Vigo.

O reitor, Manuel Reigosa e o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro, comprobaron o funcionamento de “Simulacro” unha aplicación de realidade virtual inserida neste proxecto para a simulación de procesos de creación audiovisual.

A través dunhas lentes de realidade virtual, permite ao alumnado realizar labores de realización, dirección de fotografía e manexo de cámaras nun estudio virtual.

Pero Universo UVigo tamén inclúe espazos comúns virtuais, inspirados nas contornas do tres campus da Universidade de Vigo e que poden empregarse como salóns de actos ou como espazos de presentación e exhibición, nos que a comunidade universitaria pode interactuar a través dun avatar.

Segundo explicaron durante a presentación de Universo UVigo, o obxectivo é profundar nas posibilidades do metaverso a través dun prototipo que albergará espazos de encontro, ensino e aprendizaxe. O plan piloto inclúe a virtualización de laboratorios para que poidan ser empregados por distintas titulacións para diferentes tarefas, o que evitaría ter que duplicar laboratorios idénticos, cun alto custo, dado que a virtualización permitiría o seu uso desde diferentes centros.

Grazas ás ferramentas de software xeradas a través da iniciativa facilítase o traballo remoto a esta contorna virtual desde terminais con prestacións limitadas.

Segundo destacou o reitor, Universo UVigo foi concibido como unha “ferramenta que non vén para substituír a nada, senón para complementar dunha maneira moi efectiva e moi atractiva as tarefas docentes”.

O vicerreitor de Profesorado e Ordenación Académica, Martín López Nores, explicou que este proxecto é o resultado de dous anos de traballo nunha iniciativa que a día de hoxe conta co “desenvolvemento máis avanzado” dentro do sistema universitario español.

Ademais de ?Simulacro? hai outras propostas en fase de desenvolvemento, como a da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo para deseñar “ferramentas para visualizar órbitas e percorridos dos drones cos que traballan”, ou o “emprego inmersivo de ferramentas de CAV en contornas 3D” proposto pola Escola de Enxeñaría Industrial. Ao mesmo tempo, na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións probáronse tamén as posibilidades desta contorna virtual para unha “interacción inmersiva con fórmulas matemáticas complexas”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...