InicioMedio Ambiente e PatrimonioInvestigan a un veciño de Baiona por un incendio forestal causado pola...

Investigan a un veciño de Baiona por un incendio forestal causado pola queima de restrollos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Guardia Civil do Posto Principal de Baiona-Nigrán investiga penalmente a un veciño do municipio de Gondomar como presunto autor dun delito de incendio forestal debido, supostamente, a non tomar as medidas de precaución necesarias nunha queima de restrollos.

Segundo informa o Instituto Armado, o incendio ocorreu durante a tarde do pasado mércores nun terreo forestal do lugar de Suas Torres, da parroquia de Baredo, no municipio de Baiona.

As primeiras investigacións apuntan a que o lume se orixinou como consecuencia “de non adoptar as medidas de precaución necesarias nunha queima que se realizou o día anterior nunha parcela do mesmo monte”, indica a Benemérita.

A “rápida intervención dos medios de extinción permitiu que tan só se queimase unha pequena superficie de monte baixo e arborado“, aseguran as mesmas fontes.

Nos labores de extinción participaron os reténs de incendios de Mougás, Redondela, Oia e O Porriño, xunto co axente forestal da zona, unha patrulla do Seprona do Porriño, a Policía Local e efectivos do Posto Principal da Guardia Civil de Baiona-Nigrán.

As dilixencias instruídas foron entregadas no xulgado de Instrución de Vigo correspondente, onde deberá comparecer o investigado cando sexa requirido.

Por iso, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Guardia Civil lembra que, segundo determina a normativa vixente en Galicia, para realizar traballos en terreos agrícolas, terreos forestais e zonas de influencia forestal, “nos que sexa imprescindible facer uso do lume, e sempre fóra de perigo alto de incendios”, será “obrigatorio dispor da correspondente comunicación ou autorización de queima, segundo sexan restos agrícolas ou forestais, respectivamente”.

ÚLTIMAS

A Xunta di que o contrato con Povisa está pendente “dos últimos matices” para que a empresa se presente

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou este xoves que o contrato de...

Stellantis Vigo é competitiva, segundo o número dous do grupo industrial

Os sindicatos do comité de empresa da factoría de Stellantis en Vigo trasladaron este...

O Concello de Vigo asume os custos pola perda de axudas ao bus urbano

O Concello de Vigo asumirá os custos da perda de axudas ao transporte urbano...

As obras do hospital de día do Chuvi finalizarán antes do verán

As obras de ampliación do hospital de día do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo...